No cristianismo son diversos os santos auxiliadores ou protectores da enfermidade da varíola. O máis representativo é san Nicasio, bispo de Reims, que sobreviviu á varíola. Foi decapitado polos hunos no século V e converteuse no santo protector da varíola. No santoral católico, hai santas ás que que durante a declaración dunha epidemia se lles solicitou a súa intercesión, como santa Bonosa en Italia ou santa Eulalia de Mérida en España, ambas representadas en gravados do século XIX.
Noutras culturas tamén se atopan divindades protectoras da enfermidade. Na India, Shitala Mata, a deusa da varíola, podémola ver nunha representación dun pequeno bronce. Os hinduístas crían que, cada vez que Shitala se movía, caían uns grans do cesto que levaba sobre a súa cabeza e que cada gran se convertía nunha pústula da varíola. As vítimas da enfermidade sobrevivían se a deusa lavara previamente os grans derramados coa auga do cántaro que levaba nunha das súas mans, pero falecían se Shitala brandía a vasoira que sostiña na outra man.
Na arte africana, podemos observar unha escultura en madeira da cultura ioruba de Nixeria.