9

Os instrumentos de vacinación

A vacina da varíola aplicábase de maneira intradérmica, escarificábase a pel (raspaduras superficiais) ou cortábase superficialmente e depositábase a linfa ou pus vacinal. Para realizar esta escarificación ou cortes, ao longo da historia da vacina utilizáronse instrumentos diferentes. Na primeira etapa da vacina, o instrumento máis utilizado foi a lanceta. Esta cargábase de linfa procedente dun gran de vacina duns nove días de evolución e, a continuación, introducíase seguindo un plano horizontal na epiderme. Posteriormente, comezaron a utilizarse outros instrumentos, como no método de punción, mediante o que se introducía unha agulla moi fina ou coitelas na superficie da pel. A escarificación consistía en realizar incisións ou cortaduras superficiais con plumiñas ou agullas bifurcadas impregnadas de fluído da vacina. Todas estas inoculacións producían unha vesícula que na súa evolución formaba unha costra e, finalmente, unha característica marca permanente.

Podemos observar os distintos instrumentos, incluídos os de resorte, que se activan mediante unha pequena panca que se dispara, de xeito que as coitelas ou a punta da lanceta penetran na pel. En Inglaterra, utilizouse o escarificador deseñado por Mallam, de xeito que a parte do brazo vacinado levaba un protector para evitar que os nenos puidesen rascar as pústulas da vacina. As plumiñas dun só uso foron moi utilizadas, así evitábanse posibles contaxios. Desde finais do século XIX e primeiro terzo do século XX, estes instrumentos acompañábanse dos tubos que contiñan a vacina procedente da tenreira.

Díptico do Museo