10

Certificados de vacinación e calendarios vacinais

Desde que se comezou a regular a vacinación, a mediados do século XIX, os diferentes países foron emitindo certificados de vacinación, un documento que acreditaba de forma sinxela que unha persoa fora vacinada contra a varíola. Mostramos un certificado emitido polo imperio austro-húngaro, cunha ilustración cargada de alegoría, onde se pode ver a Jenner vacinando os nenos que son ofrecidos polas súas nais á deusa da saúde Hixía. O certificado emitido polo médico Vicente Ferrer na Habana en 1882, cunha vacina procedente da tenreira, está ilustrado coa medalla acuñada en honra do médico italiano Luigi Sacco, que pode verse nunha das vitrinas anteriores. Ao longo do século XX, concellos, centros de hixiene... emitían certificados de vacinación ou revacinación. Para as viaxes internacionais, a Organización Mundial da Saúde dispoñía dun regulamento sanitario internacional que, en España, emitía Sanidade Exterior. Estes certificados debían incluírse nos pasaportes, como podemos contemplar no pasaporte de Arxentina de 1975.

Díptico do Museo